O ECO DO POETA, MANUEL MARÍA
Manuel María
Outeiro de Rei (6 outubro 1929) - A Coruña (8 setembro 2004)
Fonte: Fundación Manuel María
Manuel María nace en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929, no seo dunha familia de labregos máis que acomodada. Vive os seus anos da nenez e da adolescencia como calquera outro neno do mundo rural, coa única diferenza de que na súa casa non sufrirán nunca a miseria e a fame que coñecen a maioría das familias naqueles primeiros tempos da posguerra. Comeza a escola en Outeiro en plena guerra civil. Logo prepara en Rábade o ingreso no Instituto cun mestre que dedica as tardes dos sábados a ler e comentar textos poéticos galegos -algo verdadeiramente sorprendente nesa época-, o que lle permite descubrir a existencia da literatura galega nesa etapa inicial da súa vida. Inicia o Bacharelato no curso 1942-43 no Instituto Masculino de Lugo. Antes de rematar o primeiro curso, en maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno, párroco de San Froilán e profesor de Filosofía no Instituto Feminino da cidade luguesa. (...). Seguir lendo na Fundación Manuel María
Foto publicada en La Voz de Galicia (modificada)
Obra
Escribiu sobre o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.
(Fonte Galipedia:
Obra poética:
Muiñeiro de brétemas (1950, Sabino Torres).
Morrendo a cada intre (1952, La Voz de la Verdad, Lugo).
Advento (1954, Ediciones Galicia, Centro Galego de Buenos Aires).
Terra Cha (1954).
Libro de cantigas (1955, Lugo).
Documentos personaes (1958, Celta).
Libro de pregos (1962, Celta).
Mar Maior (1963, Galaxia).
Versos frolecidos en louvanza de Foz (1967).
Proba documental (1968, Xistral).
Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega (1968).
Versos pra un país de minifundios (1969, Nós, Buenos Aires).
Versos pra cantar en feiras e romaxes (1969, Patronato da Cultura Galega de Montevideo.
Remol (1970 Nós, Buenos Aires).
Canciós do lusco ao fusco (1970, Xistral).
A Rosalía (1971).
99 poemas de Manuel María (1972, Razão Actual, Porto).
Odes dun tempo de paz e de alegria (1972, Razão Actual, Porto).
Aldraxe contra a xistra (1973, Roi Xordo).
Informe pra axudar a alcender unha cerilla (1973, Patronato da Cultura Galega, Montevideo).
Laio e clamor pola Bretaña' (1973, Roi Xordo).
Seis pétalos de rosa en xeito de retrato (1973, edición do autor). Asinado co pseudónimo Xohán Carneiro.
Cantos rodados para alleados e colonizados (1976, Xistral).
Poemas ó outono (1977, Xistral).
Poemas para construír unha patria (1977, AN-PG).
O libro das baladas (1978, Follas Novas).
Catavento de neutrós domesticados (1979, Alvarellos).
Brétemas do muiñeiro e poema da neboa aferrollada (1980, Xistral).
Versos de trinta outonos: (escolma 1950-1979) (1980, Xistral). Escolma de Camilo Gómez Torres.
Escolma de poetas de Outeiro de Rei (1982, Xerais).
Versos do lume e do vagalume (1982, Galiza Editora).
Cantigueiro do Orcellón (1984, A. C. Avantar, O Carballiño).
A luz ressuscitada (1984, AGAL).
O camiño é unha nostalxia (1985, Arracada Galería de Artes).
Poemas da labarada estremecida (1985, Xistral).
Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986, Caixa Ourense).
Ritual para unha tribu capital do concello (1986, Follas secas).
As lúcidas lúas do outono (1988, Vía Láctea).
Sonetos ao Val de Quiroga (1988, Concello de Quiroga).
Saturno (1989, Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo). Edición bilíngüe galego-éuscaro.
Cancioneiro de Monforte de Lemos (1990, Concello de Monforte).
Homenaxe ao regato do Cepelo (1990, edición do autor).
Compendio de orballos e incertezas (1991, El Correo Gallego).
Hinos pra celebrar ao século futuro (1991, Editorial Compostela).
Panxoliñas (1992, Asociación Cultural Xermolos).
Antoloxía poética (1993, Espiral Maior).
Os lonxes do solpor (1993).
Poemas a Compostela (1993, El Correo Gallego).
A primavera de Venus (1993, Espiral Maior).
Poemas a Compostela (1993).
Cantigas e cantos de Pantón (1994, Concello de Pantón).
Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994, Espiral Maior).
O Miño, canle de luz e néboa (1996, Espiral Maior).
Antoloxía poética (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
Sonetos á casa de Hortas (1997, Espiral Maior).
MiniEscolma (1998, edición do autor).
Brétemas de muiñeiro (2000).
Camiños de luz e sombra (2000).
Obra poética completa I (1950-1979) e II (1981-2000) (2001, Espiral Maior).
Elexías á miña vida pequeniña (2004, Instituto de Estudos Chairegos).
Cecais hai unha luz (2010, Fundación Manuel María).
Obra narrativa:
Contos en cuarto crecente e outras prosas (1952, Celta).
O xornaleiro e sete testemuñas máis (1971, Ediciones Galicia. Centro Galego de Buenos Aires).
Kricoi, Fanoi e Don Lobonis (1973, Editorial Castrelos).
Andando a Terra (1990, A Nosa Terra). Co pseudónimo de Manuel Hortas Vilanova.
Os ontes do silencio (1990, Nova Galicia).
Cando o mar foi polo río (1992).
Novena a Santa Isabel, por un devoto de Outeiro de Rei (1995, Asociación Cultural Xermolos).
Historias do empardecer (2003, Laiovento).
Obra dramática[editar | editar a fonte]
Auto do taberneiro. 4 ventos (1957. 2ª edición no 1970, en Xistral).
Auto do labrego. Céltiga nº 4 (1961).
Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos) (1970, Xistral).
Barriga verde (1973, Castrelos. Edición do 1996 a cargo de Santiago Esteban Radío).
Unha vez foi o trebón (1976).
Auto trascendental do ensino tradicional (1979).
Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1981, Xistral).
Auto do Maio esmaiolado (1985, Cadernos da Escola Dramática Galega).
Abril de lume e ferro (1989, Concello de Carral).
Auto do Castromil ou a revolución dos baúles (1992, Castromil).
Farsa de Bululú (1992, El Correo Gallego).
A lúa vai encoberta (1992, Diario 16 de Galicia).
Unha vez foi o trebón (1992, El Correo Gallego).
Edipo (2003, Universidade da Coruña). Edición de Miguel Anxo Mato.
Obra infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]
Os soños na gaiola (1968. Reeditado en Xerais).
Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979, Cadernos da Escola Dramática Galega).
As rúas do vento ceibe (1979, Xistral).
A tribo ten catro ríos (1991, S. M.).
Unha sombra vai polo camiño; Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos (1991, Xerais).
Cando o mar foi polo río (1992, S. M.).
Viaxes e vagancias de M. P. (1994, S. M.).
As ribeiras son escuras (1997, Everest Galicia).
O bigote de Mimí (2003, Everest Galicia).
Obra ensaística:
Notas encol da poesía de Fermín Bouza-Brei (1958, separata da Real Academia Galega).
Noticia da vida e poesía de Xosé Crecente Vega (1968, Universidade de Coimbra).
Noticia da poesía galega de posguerra (1972, Sociedade da Língua Portuguesa).
A Terra Chá: poesía e paisaxe (2003, Real Academia Galega).
Galiza (2010, Fundación Manuel María).